Como cada ano por estas datas, queremos recordarvos que as achegas ao Plan de Pensións deben realizarse antes do 31 de decembro para beneficiarse fiscalmente na súa Renda do ano 2017 (a presentar en maio/xuño do 2018).
Para determinar a achega máxima anual permitida que dará lugar á redución, deben terse en conta o 30% da suma dos rendementos netos do traballo e de actividades económicas percibidos individualmente no exercicio e 8.000 euros anuais para todos os contribuíntes (con independencia da idade). Destas cantidades, a menor será a achega máxima anual permitida.
Para aproveitar a vantaxe fiscal dos plans de pensións é obrigatoria a obtención de rendementos do traballo e de actividades económicas. Se o seu/súa cónxuxe non ten rendas a integrar na súa base impoñible, ou téndoas non superan os 8.000 euros anuais, a achega ao Plan de Pensións do cónxuxe será deducible na súa declaración da Renda (ademais da súa propia achega), co límite máximo de 2.500 euros anuais.
Pode contactar con nós se ten calquera dúbida ou consulta relacionada con este asunto.