Entre os obxectivos do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) atópase a aplicación de tecnoloxías enerxéticas, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, ademais do fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos.
Co ánimo de darlles cumprimento, o organismo establece unha nova convocatoria de subvencións para inversións en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente. Son axudas destinadas a PEMES e persoas autónomas do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os proxectos subvencionables son os que se inclúen nas seguintes tipoloxías de actuación:
Bono asesoramento enerxético
- Diagnoses enerxéticas
- Auditorías enerxéticas
Bono envolvente
- Elementos de control solar
- Toldos, láminas
Bono iluminación
- Renovación de equipamentos de iluminación
- Rótulos, escaparates LED, elementos de control asociados, etc.
Bono instalacións eléctricas
- Mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas
- Renovación de transformadores, incorporación/renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares.
Bono equipamento
- Renovación do equipamento consumidor de enerxía
- Cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento, sempre que se poida acreditar una cualificación enerxética B.
Bono climatización
- Equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización ventilación e auga quente sanitaria.
- Instalacións fixas destinadas á climatización ou producción e consumo de auga quente sanitaria.
Bono inmótica
- Sistemas domóticos ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente.
- Sistemas de medida intelixentes con actuador, ou automatismos.
A contía da axuda é o 80% do custe subvencionable, cun máximo de 6.000€ por solicitude (excepto para bono asesoramento, no cal se aplican outros límites segundo a tipoloxía).
O investimento mínimo é de 1000 euros (excepto o bono asesoramento: 200€).
O prazo comeza o 10 de xaneiro de 2024 ás 9:00 horas, e remata o 26 de xuño de 2024.
As solicitudes presentadas en prazo e que cumpran os requisitos, tramitaranse e resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude.
Os realizados entre o 1 de xaneiro e o 2 de outubro de 2024.
- Custos de investimento necesarios para a consecución dunha ou varios dos diferentes bonos.
- Realización dos diagnósticos do proxecto, dirección de obra, adquisión e instalación de equipamentos, obra civil, soportes e proteccións,e calquera outro elemento para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.
Non son subvencionables no marco desta axuda os seguintes gastos:
- Gastos de legalización
- IVE
- Gastos en pagamento de licenzas
- Gastos sometidos a aranceis
- Bens de segunda man
- Operacións de mantemento (simples reposicións de láminas, reposición de elementos funxibles)
- Instalacións de ceración eléctrica fotovoltaica
- Instalacións que parara foran obxecto de axuda
- Con carácter xeral, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable
O órgano responsable é o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), e o código do procedemento é o IN417Z.
Consulta as bases da convocatoria.
As beneficiarias poden ser empresas legalmente constituidas e persoas empresarias autónomas que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións do CNAE 2009:
- Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas, divisións 45 a 47
- Sección H: transporte e almacenamento, división 49 a 53
- Sección I: hostalaría, división 55 a 56
- Sección J: información e comunicacións, división 58 a 63
- Sección K: actividades financeiras e de seguros, división 64 a 66
- Sección L: actividades inmobiliarias, división 68
- Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas, división 69 a 75
- Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares, división 77 a 82
- Sección P: educación, división 85
- Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais, división 86 a 88
- Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento, división 90 a 93
- Sección S: outros servizos, división 94 a 96