Achégase o Nadal e moitas empresas toman a decisión de pechar durante uns días. Nos casos nos que unha persoa leva na empresa o tempo suficiente como para devindicar estes días, non hai problema… Pero que pasa con quen non estivo o tempo suficiente como para ter dereito a vacacións nestas datas?
Existen varias alternativas:
- Pode levarse a cabo a suspensión do contrato durante o período de peche, ou durante os días que sexan necesarios.
- Pode establecerse unha bolsa de horas, coa que o empregado poderá gozar deses días de descanso e pactar a recuperación desas horas de traballo máis adiante.